Contenido principal

Reembolso de gastos por asistencia a Cursos de Formación Profesional Marítima e Sanitaria realizados no Instituto Social da Mariña < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, o reembolso de gastos a que se puidese ter dereito por asistencia a cursos de formación profesional marítima ou sanitaria realizados no Instituto Social da Mariña.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A beneficiarios da formación profesional marítima e sanitaria que imparte o ISM, que realizasen en calquera dos nosos centros un curso e teñan dereito a reembolso de gastos de desprazamento/aloxamento/manutención de acordo co establecido na lexislación vixente.

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Deberá anexarse a seguinte documentación:
    • Fotocopia do documento bancario que acredite o número de conta do alumno no que se lle aboará, se é o caso, o importe a que tivese dereito.
    • Xustificantes do gasto realizado (orixinal ou fotocopia compulsada):
      • Para a acreditación do desprazamento, a presentación do billete correspondente. Tratándose de liñas aéreas, deberanse achegar, ademais, a factura e a tarxeta de embarque.
      • Para a acreditación de aloxamento e/ou manutención deberanse achegar as correspondentes facturas.
      • Os alumnos que, por causa xustificada, non tivesen podido iniciar ou finalizar o curso, ademais de toda a documentación anterior, deberán acreditar a causa que o motivou.

        A Dirección provincial do ISM requiriralle os orixinais dos documentos que   sexan necesarios.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total dos documentos que se van anexar non pode superar os 10 Mb.

Coa sinatura da solicitude de admisión ao curso de formación declárase que son certos os datos consignados nela, autorizando o ISM a utilizalos informaticamente para os efectos da xestión de accións formativas e de emprego.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Resolución da solicitude, notificación ao interesado e ingreso, na conta que figure na solicitude, do importe do reembolso dos  gastos que correspondan.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Solicitude de reembolso de gastos (PDF, 256 Kb) 26/09/2018
Complementary Content
${loading}