A través deste servizo as persoas que teñan subscrito un convenio especial regulamentado pola ORDE do Ministerio de Traballo e Seguridade Social do 18 de xullo de 1991 (BOE do 30 de xullo) poderán modificar a base de cotización, nos convenios especiais, para o ano natural no que se efectúa a petición de cambio. Este servizo só está operativo de xaneiro a marzo. Quedan excluídos deste trámite os convenios especiais regulamentados por Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, pola que se regulamenta o convenio especial no Sistema da Seguridade Social.
Persoas que teñan subscrito un convenio especial co sistema da Seguridade Social regulamentado pola Orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social do 18 de xullo de 1991 (BOE do 30 de xullo).
A elección da nova base realízase polo interesado ata o último día do mes natural seguinte a aquel en que entre en vigor a correspondente disposición modificadora das bases mínimas de cotización e producirá efecto dende a data de vixencia da citada modificación.
Este servizo estará operativo unicamente entre os meses de xaneiro a marzo do ano natural no que se realiza a petición.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.