Contenido principal

Informe de estar ao corrente das obrigas na Seguridade Social por correo postal < Volver

A través deste servizo poderá solicitar un informe sobre a existencia ou inexistencia de débedas coa Seguridade Social, que lle será remitido por correo postal.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas con número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que pertenzan.

Que permite realizar

  • Solicitar o informe para a súa posterior recepción a través de correo postal. 

Hai que ter en conta

O informe reflicte se hai ou non débeda contraída coa Seguridade Social e, en caso de manter débeda, mostra o número de documento de débeda e o período e importe polo que foi emitida.

Os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes na base de datos da Tesouraría da Seguridade Social. Se non son coincidentes, non se enviará o informe. 

Próximos pasos

  • Unha vez completado o formulario, obterá un número de referencia que servirá para consultar o estado da petición.
  • A información do estado da petición cursada recibirase a través dun correo electrónico.
  • Transcorridas 24 horas da recepción do correo informativo, poderase acceder ao servizo Consulta de estado de solicitude de informes.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

  • Certificados
    electrónicos
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Complementary Content
${loading}