Contenido principal

Maternidade e paternidade < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, os subsidios de maternidade ou paternidade para gozar do período de descanso laboral correspondente, por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento permanente ou temporal superior a un ano. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Traballadores que gocen os períodos de descanso por nacemento de fillo, adopción e acollemento, legalmente establecidos, que queiran solicitar as prestacións por maternidade e/ou paternidade.

Qué permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro electrónico das prestacións de maternidade e/ou paternidade, así como do período de descanso cedido pola nai biolóxica ao outro proxenitor.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Unha vez identificado na Túa Seguridade Social, no apartado “Familia”, premer en “Prestación por maternidade/paternidade”.
  • Incorporar a información que corresponda no seu caso.
  • Anexar os documentos que se indiquen.

Hai que ter en conta

Finalizado o proceso para cubrir, indicaránselle os documentos que debe presentar e terá a posibilidade de achegalos electronicamente.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrado polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Pode consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo “As túas Xestións” do portal persoal “A túa Seguridade Social", ao que poderá acceder dende esta Sede electrónica.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}