Contenido principal

Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social. < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, o aprazamento das cotas ou débedas contraídas coa Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas responsables do pagamento da débeda contraída coa Seguridade Social que teñan dificultades transitorias de tesouraría.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir os datos solicitados no formulario.
  • Anexar  os documentos que se detallan neste.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A solicitude poderá presentarse en calquera momento dende que se inicia o prazo regulamentario de ingreso da débeda que se trate.

O período total de aprazamento non poderá exceder de 5 anos.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.


Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses naturais dende a recepción da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}