Contenido principal

Prestacións familiares por fillo a cargo < Volver

Este servizo permite solicitar as prestacións familiares de pagamento periódico por fillo ou menor acollido a cargo, e de pagamento único por nacemento/adopción nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nais con discapacidade, e por parto ou adopción múltiples.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos proxenitores, adoptantes e, se é o caso, acolledores, así como a aquelas persoas que pola súa condición de beneficiarios desexen solicitar algunha das prestacións familiares de carácter económico.

Qué permite realizar

  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico que, en cada caso, corresponda:
    1.  
    2. Prestación por fillo ou menor acollido a cargo.
    3. Prestación por fillo ou menor acollido a cargo (para persoas xurídicas)
    4. Prestación por fillo ou menor acollido a cargo supostos especiais (Orfos absolutos - Menores non emancipados - Fillos residentes fóra de España e con persoa distinta dos proxenitores e adoptantes)
    5. Prestación por nacemento/adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e nais discapacitadas - Parto ou adopción múltiples.
    6. Prestación familiar por fillo ou menor acollido a cargo (solicitude de inclusión de novo fillo).
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir  e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude.

O apartado de Observacións só se cubrirá  cando non se anexe o modelo de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación..

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

 

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}