Contenido principal

Pensión de viuvez. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais < Volver

A través deste servizo pode solicitar unha pensión de viuvez ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran solicitar pensión de viuvez, nos casos en que ao causante falecido lle fosen de aplicación os Regulamentos Comunitarios ou un Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non deberá superar os 10 Mb.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Supervivencia (UE) (PDF, 4064 Kb) 29/07/2019
Supervivencia (CB/CMISS) (PDF, 4105 Kb) 30/07/2019
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) 03/08/2018
Complementary Content
${loading}