Contenido principal

Prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave < Volver

Este servizo permite solicitar a prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave cando a xestión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A  traballadores, calquera que sexa o seu sexo, que teñan que reducir a súa xornada de traballo para dedicarse ao coidado directo, continuo e permanente dun menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave e queiran solicitar a prestación económica.

Qué permite realizar

  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar o formulario.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir o/s  modelo/s  de solicitude correspondente/s.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir  e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude.

O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe o modelo de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}