Contenido principal

Pensión de xubilación. Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais < Volver

Este servizo permite solicitar electronicamente unha pensión de xubilación ao abeiro dos Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran solicitar pensión de xubilación de Regulamentos Comunitarios ou dun Convenio Bilateral de Seguridade Social.

Qué permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar documentación.

Qué necesita para realizalo

  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas instrucións deste.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

A solicitude foi inicialmente deseñada para a súa presentación en soporte papel ante a Dirección Provincial do INSS, polo que encontrará referencias que non corresponden á vía telemática.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.2056652020202020

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude. As observacións só se cubrirán cando non se anexe un formulario de solicitude.

É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Xubilación (CB) (PDF, 3631 Kb) 11/03/2019
Xubilación (UE) (PDF, 4324 Kb) 11/03/2019
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) 03/08/2018
Complementary Content
${loading}