Contenido principal

Solicitude de incremento da porcentaxe de viuvez (Declaración de ingresos). < Volver

A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a solicitude do incremento da porcentaxe da pensión de viuvez.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A pensionistas de viuvez.

Que permite realizar

Comunicar por Rexistro Electrónico os ingresos percibidos e os datos dos fillos convivintes para os efectos do recoñecemento do incremento da porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de viuvez.

Que necesita para realizalo

Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}