Este servizo permite, por Rexistro electrónico, aos traballadores realizar a declaración dos fillos ao seu cargo, para o trámite da prestación por incapacidade temporal en pagamento directo do INSS.
Aos traballadores que se encontran tramitando a prestación de incapacidade temporal, e que teñen fillos ao seu cargo, menores de 26 anos ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%.
Anexar copia do libro de familia cos datos dos fillos que se incluíron.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
Mediante este formulario, o traballador poderá realizar a declaración dos fillos ao seu cargo, necesaria para o cálculo da prestación e para aplicar os topes, de acordo co establecido no artigo 270.3 da Lei Xeral da Seguridade Social.
O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.