Contenido principal

Modificación de Actividade RETA < Volver

Este servizo permite corrixir a actividade anotada erroneamente na alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e tamén modificala con posterioridade.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Afiliados e empresarios que teñan códigos de conta de cotización ou número de afiliación inscritos no ámbito da Seguridade Social.

  • Afiliados: poden acceder a través do servizo Cl@ve (usuario e contrasinal) ou con certificado dixital.
  • Empresarios individuais: poden acceder a través do servizo Cl@ve (usuario e contrasinal) ou con certificado dixital.
  • Empresas: poden acceder con certificado dixital.

Que permite realizar

A modificación da Actividade Económica do traballador autónomo.

Permite corrixir a actividade que por erro puido anotarse na alta dun traballador por conta propia ou autónomo. Tamén permite modificar a actividade en datas posteriores á alta, cando se produza un cambio desta.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade neste servizo, a validación do acceso complementarase co envío dun código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder acceder.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}