Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
COVID-19. As solicitudes de aprazamento das cotizacións á Seguridade Social correspondentes ás empresas e traballadores autónomos que teña asignados o Autorizado RED deberán presentarse unicamente a través deste servizo.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, o aprazamento das cotas ou débedas contraídas coa Seguridade Social.
Persoas responsables do pagamento da débeda contraída coa Seguridade Social que teñan dificultades transitorias de tesouraría.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A solicitude poderá presentarse en calquera momento dende que se inicia o prazo regulamentario de ingreso da débeda que se trate.
O período total de aprazamento non poderá exceder de 5 anos.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
A Administración ditará e notificará a resolución no prazo de 3 meses naturais dende a recepción da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.