Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo poderá solicitar, por Rexistro electrónico, a moratoria, diferimento ou exención do pagamento de cotas establecidas como medida paliativa dos danos ou prexuízos causados por unha circunstancia de índole excepcional que afecta determinados sectores de actividade nun ámbito xeográfico.
Ás persoas físicas e xurídicas que eventualmente poden ser beneficiarias das medidas de moratoria, diferimento ou exención establecidas nas disposicións legais ditadas para o efecto.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A moratoria e o diferimento consisten nun diferimento do prazo regulamentario de ingreso das cotas dos suxeitos afectados pola circunstancia de índole excepcional, pero a moratoria adoita complementarse coa posibilidade de solicitar a devolución das cotas ingresadas susceptibles de ser obxecto da moratoria.
A exención consiste na exoneración do aboamento das cotas dos suxeitos afectados pola referida circunstancia de índole excepcional. Tanto esta medida como a moratoria esixen normas con rango de lei.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizar a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Solicitud de moratoria (PDF, 109 Kb) | 08/11/2018 |