Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, as prestacións familiares de pagamento periódico por fillo ou menor acollido a cargo, e de pagamento único por nacemento/adopción nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nais con discapacidade, e por parto ou adopción múltiples.
Aos proxenitores, adoptantes e, no seu caso, persoas que teñan o seu cargo menores en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción, así como a aquelas persoas que pola súa condición de beneficiarios desexen solicitar algunha das prestacións familiares de carácter económico.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude.
O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe o modelo de solicitude.
A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.
Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.