Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, as prestacións do seguro escolar por Accidente escolar, Enfermidade e/ou Accidente non escolar, Infortunio Familiar e Gastos de enterro, para estudantes en 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Universidades.
A estudantes menores de 28 anos, españois ou estranxeiros, que residan legalmente en España, se encontren matriculados oficialmente nuns determinados estudos, e que no momento de formalizar a matrícula tivesen aboado a cota do seguro e acrediten un período mínimo de carencia dun ano.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude cando se trate de prestacións económicas. Se solicita prestacións sanitarias, a provincia de trámite é aquela onde se dispensase a asistencia sanitaria, con independencia da provincia onde figure matriculado o estudante ou a de residencia da unidade familiar.
O apartado de Observacións só se cubrirá cando non se anexe o modelo de solicitude.
A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.
Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Solicitude de prestacións do Seguro Escolar (PDF, 2737 Kb) | 07/06/2019 |
Solicitude de continuación da prestación de neuropsiquiatría do seguro escolar (PDF, 1224 Kb) | 20/11/2018 |
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) | 03/08/2018 |