Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo, recibirá información das poxas que se convocan para vender inmobles propiedade da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Persoas interesadas en recibir información das poxas convocadas para a venda de inmobles da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Para subscribirse a este servizo, preséntase un formulario que a persoa interesada debe cubrir introducindo os datos relativos ao seu domicilio, teléfono e correo electrónico, así como, se é o caso, o ámbito xeográfico e tipo de inmobles dos que, en concreto, desexa recibir información.
Cada vez que no Boletín Oficial do Estado se anuncie unha poxa que coincida coa situación e o tipo de inmoble seleccionados, enviaráselle información desta a través do medio de envío escollido.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.