Contenido principal

Prestacións familiares por fillo a cargo < Volver

Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico, as prestacións familiares de pagamento periódico por fillo ou menor a cargo menor de 18 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou maior desa idade con discapacidade igual ou superior ao 65%, e de pagamento único por nacemento/adopción nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nais con discapacidade, e por parto ou adopción múltiples.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos proxenitores, adoptantes e, no seu caso, persoas que teñan ao seu cargo menores de 18 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou maiores desa idade  con discapacidade igual ou superior ao 65%,  en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción, así como a aquelas persoas que pola súa condición de beneficiarios desexen solicitar algunha das prestacións familiares de carácter económico.

Que permite realizar

  • Realizar a solicitude por Rexistro Electrónico que, en cada caso, corresponda:

    1. Prestación por fillo a cargo menor de 18 anos cunha discapacidade igual ou superior ao 33% ou maior desa idade  con discapacidade igual ou superior ao 65%.
    2. Prestación por fillo ou menor acollido a cargo (para persoas xurídicas)
    3. Prestación por fillo ou menor a acollido cargo (supostos especiais)

      Este formulario inclúe os seguintes supostos:

      • Discapacitado maior de 18 anos, non incapacitado xudicialmente e que non convive cos seus proxenitores/adoptantes
      • Orfos absolutos
      • Fillos residentes fóra de España e con persoa distinta do outro titular da patria potestade
      • Menores non emancipados
    4. Prestación por nacemento/adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e nais con discapacidade - Parto ou adopción múltiples.
    5. Prestación familiar por fillo ou menor acollido a cargo (solicitude de inclusión de novo fillo).
  • Descargar e achegar un modelo de solicitude.
  • Anexar a documentación.

Que necesita para realizalo

  • Cubrir  e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.
  • Dispoñer dun soporte lóxico que lle permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente anexala.
  • Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite é aquela á que vostede quere dirixir a súa solicitude.

O apartado de Observacións só se cubrirá  cando non se anexe o modelo de solicitude.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

Débese achegar a documentación que acredite que xa non está inmerso en ningunha causa de incompatibilidade que ata o momento lle imposibilitase percibir a prestación.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os  10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}