Contenido principal

Asistencia sanitaria: Consulta do dereito e emisión do documento acreditativo (sen certificado) < Volver

Este servizo permite consultar e obter o documento que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran comprobar se teñen dereito á asistencia sanitaria pública como asegurados ou como beneficiarios dun asegurado.

Que permite realizar

  • Comprobar a condición de asegurado ou beneficiario do dereito á asistencia sanitaria pública.
  • Obter o documento que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública.

Que necesita para realizalo

Deberá completar a información que a aplicación vai solicitando e só se poderá obter en nome propio. Se desexa obter o documento acreditativo do dereito a asistencia sanitaria pública, indíqueo no apartado correspondente.

Hai que ter en conta

O certificado obtido acredita o dereito como asegurado ou beneficiario.

O servizo indicará se a persoa consultada se encontra nunha das seguintes situacións:

  • Ten dereito a asistencia sanitaria como asegurado ou beneficiario. Neste caso, pode obter o correspondente certificado.
  • Non se localiza a persoa consultada, indicándose neste caso os motivos aos que pode deberse e as actuacións que hai que realizar en cada caso.

Próximos pasos

Unha vez completados os datos requiridos, asignaráselle un número de referencia co que deberá volver entrar ao servizo nun espazo de tempo non inferior a 15 minutos para obter a información. Non obstante, se facilita o seu enderezo de correo electrónico recibirá tamén a resposta por esta vía.

A información estará dispoñible no servizo para a súa comprobación, a través do número de referencia facilitado, durante 30 días.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}