Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo pode realizar, por Rexistro electrónico, a declaración de ingresos do titular da pensión e das súas cargas familiares para os efectos do mínimo por cargas familiares.
A persoas que teñan recoñecida unha prestación da Seguridade Social.
Realizar por Rexistro Electrónico a declaración de ingresos e das súas cargas familiares para os efectos do mínimo por cargas familiares.
Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña para realizar a devandita declaración.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Modelo normalizado de representación (PDF, 1452 Kb) | 17/06/2020 |