Contenido principal

Solicitude da Moratoria COVID-19 ou de base reducida por pluriactividade RETA < Volver

Este servizo permite solicitar a moratoria prevista pola crise COVID-19 no Real Decreto-Lei 11/2020. Nas altas iniciais do Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), permite a anotación da base reducida por encontrarse en “situación de pluriactividade”. Tamén permite volver indicar a base reducida nos supostos nos que se alternase unha situación de pluriactividade – non pluriactividade - pluriactividade, sempre que non transcorrese o prazo de duración máxima de 36 meses, contado a partir da primeira anotación inicial de base reducida coincidente coa alta no Réxime de Autónomos. Dadas as circunstancias actuais, en caso de que teña algún problema no trámite deberá poñerse en contacto coa Dirección Provincial da TGSS.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Afiliados e empresarios que teñan códigos de conta de cotización ou número de afiliación inscritos no ámbito da Seguridade Social.

  • Afiliados: poden acceder con calquera dos accesos dispoñibles.
  • Empresarios individuais: poden acceder con calquera dos accesos dispoñibles.
  • Empresas: poden acceder con certificado dixital.

Que permite realizar

  1. Solicitar a moratoria prevista pola crise COVID-19 no Real Decreto-Lei 11/2020 para o pagamento de cotas de determinadas liquidacións do exercicio 2020.
  2. Permite solicitar a base reducida do traballador autónomo por encontrarse en “situación de pluriactividade”.

Hai que ter en conta

  1. Pode acollerse á moratoria para un mes, varios meses ou todos os previstos no Real Decreto-Lei 11/2020.
  2. A opción de base reducida por pluriactividade é incompatible coa bonificación ou redución establecida como medida de fomento do emprego autónomo (coñecida como "Tarifa Plana").

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Manual de Ayuda. Base reducida por pluriactividad RETA (PDF, 424 Kb) 27/02/2020
Complementary Content
${loading}