Contenido principal

Consulta de débedas e obtención de documento de ingreso < Volver

Cerrar

Novidade para traballadores por conta propia:
Posibilidade de obter documento de ingreso de cotas fóra de prazo con 10% de recarga durante todo o mes seguinte á finalización do prazo regulamentario.


Este servizo permite visualizar e consultar todas as débedas ou liquidacións pendentes de pagamento coa Seguridade Social, e obter un recibo de pagamento co número de conta da entidade financeira onde deberá realizar o ingreso.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF) ou código conta de cotización (CCC), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas. Poderán acceder con certificado dixital ou con usuario + contrasinal (cl@ve permanente).
  • Persoas xurídicas con código conta de cotización (CCC), calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas. Poderán acceder unicamente con certificado dixital.

Que permite realizar

  • Visualizar e consultar todas as débedas ou liquidacións pendentes de pagamento coa Seguridade Social.
  • Obter un recibo de pagamento co número de conta da entidade financeira onde deberá realizar o ingreso. Este poderase realizar polos seguintes medios:
  • Seleccionar as liquidacións ou débedas que hai que incluír no recibo de pagamento, de acordo cuns filtros predeterminados.
  • Descargar o recibo en formato PDF.
  • Imprimir o recibo.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Manual do servizo consulta de débedas e obtención de documento de ingreso (PDF, 3191 Kb) 17/04/2018
Complementary Content
${loading}