Contenido principal

Solicitude de desprazamento. Modelo TA 300 < Volver

A través deste servizo a empresa ou traballador por conta allea ou propia poderá cubrir, por rexistro electrónico, o formulario electrónico (que substitúe ao modelo TA 300) necesario nos desprazamentos temporais para realizar a súa actividade nun ou máis países cos que existe norma internacional de Seguridade Social (Regulamentos Comunitarios e Convenios de Seguridade Social).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A empresarios e traballadores.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico.
  • Cubrir os apartados que correspondan á súa situación.
  • Non require achegar o Modelo TA 300 (PDF).
  • Anexar documentación que sexa necesaria de acordo co país de destino.

Hai que ter en conta

A cumprimentación deste formulario electrónico substitúe o actual Modelo TA.300 en formato PDF.

Se accede con Cl@ve con Cl@ve permanente, para garantir un maior nivel de seguridade neste servizo, a validación do acceso complementarase co envío dun código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder acceder. Para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico remitirase un novo código vía SMS.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios correctamente.

Se a información e documentación facilitadas son  correctas remitirase, se procede, o correspondente formulario por correo postal ao enderezo indicado para os efectos de notificacións.

Pode obter información da súa solicitude por teléfono ou presencialmente na Dirección Provincial ou Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social que lle corresponda.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}