Contenido principal

Declaración persoal de fillos a cargo do solicitante da prestación de incapacidade temporal < Volver

Este servizo permite, por Rexistro electrónico, aos traballadores realizar a declaración dos fillos ao seu cargo, para o trámite da prestación por incapacidade temporal en pagamento directo do INSS.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos traballadores que se encontran tramitando a prestación  de incapacidade temporal, e que teñen fillos ao seu cargo,  menores de 26 anos ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%.

Que permite realizar

  • Realizar unha declaración dos fillos a cargo por Rexistro Electrónico.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

Anexar copia do libro de familia cos datos dos fillos que se incluíron.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Mediante este formulario, o traballador  poderá realizar a declaración dos fillos ao seu cargo, necesaria para o cálculo da prestación e para aplicar os topes, de acordo co establecido no artigo 270.3 da Lei Xeral da Seguridade Social.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non pode superar os 10 Mb.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

 

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}