A través deste servizo pode consultar en liña, obter e/ou imprimir un informe sobre a existencia ou inexistencia de débedas coa Seguridade Social. Se accede sen certificado dixital o informe seralle remitido por correo postal.
Persoas con número de afiliación á Seguridade Social (NAF), calquera que sexa o Réxime ao que pertenzan.
Se accede sen certificado dixital:
Os datos introducidos no formulario deben coincidir cos existentes na base de datos da Tesouraría da Seguridade Social. Se non son coincidentes, enviarase o informe.
Unha vez cuberto o formulario, obtense un número de referencia que servirá para consultar o estado da petición.
A información do estado da petición cursada recibirase a través dun correo electrónico.
Transcorridas 24 horas da recepción do correo informativo, poderase acceder ao servizo Consulta de estado de solicitude de informes.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.