Contenido principal

Solicitude Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) e Certificado Provisional Substitutorio (CPS) (A túa Seguridade Social) < Volver

Este servizo permite realizar a solicitude ou a renovación da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE).Tamén poderá obter o Certificado Provisional Substitutorio da Tarxeta Sanitaria Europea (CPS), para o titular do dereito a asistencia sanitaria e os seus beneficiarios.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A titulares do dereito á asistencia sanitaria e beneficiarios ao seu cargo que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación española e polos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social.

Que permite realizar

  • Poderá solicitar ou renovar a Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) para o titular do dereito á asistencia sanitaria e para os seus beneficiarios.
  • Consultar se está en posesión dunha TSE en vigor.
  • Obter o Certificado Provisional Substitutivo da tarxeta sanitaria europea  (CPS), para o titular do dereito a asistencia sanitaria e os seus beneficiarios.
  • Imprimir o certificado provisional substitutorio da tarxeta sanitaria europea no seu domicilio.

Que necesita para realizalo 

Ao acceder á Túa Seguridade Social (TUSS):

  • Se accede como interesado con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que deberá introducir para poder acceder.
  • Se accede como representante, deberá  incluír o código enviado ao representado mediante SMS.
  • Se accede como apoderado, deberá  estar inscrito no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

Unha vez identificado en na Túa Seguridade Social:

  • Para obter a Tarxeta Sanitaria Europea, no apartado “Asistencia sanitaria” deberá premer en “Pedir tarxeta sanitaria europea” e poderá indicar o domicilio ao que quere que lle sexa enviada a tarxeta.
  • En caso de non obtención da TSE ou ben para  outros casos,  poderá obter o Certificado Provisional Substitutorio da tarxeta sanitaria europea e para iso  ten que entrar en solicitude de Tarxeta Sanitaria Europea, premer sobre: Descargar Certificado Provisional Substitutorio e indicar o período de validez do certificado (máximo 90 días). Debe dispoñer do software necesario para descargar/imprimir o certificado (arquivo PDF).

Hai que ter en conta

  • Tarxeta Sanitaria Europea:

Estados nos que ten validez a TSE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

A TSE non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico, en cuxo caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou o Instituto Social da Mariña (ISM) emita o formulario correspondente, previo informe favorable do Servizo de Saúde.

Máis información en “Tratamento médico programado

Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes importes non son reintegrables.

Para ampliar información poderá consultar o enderezo de Internet:
https://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=1021&langId=es

A TSE é válida dende a data da súa recepción ata a data de caducidade indicada nesta. A utilización da TSE durante o seu período de validez encóntrase condicionada a que o seu titular continúe reunindo os requisitos que deron lugar á súa obtención. Noutro caso, os gastos que se orixinen poderían ser reclamados en concepto de prestacións indebidas, de acordo co previsto no artigo 76 do Regulamento (CE) 883/04.

Nota informativa para imprimir

  • Certificado Provisional Substitutorio:

Estados nos que ten validez o CPS: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza

O CPS é o documento persoal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante unha estancia temporal no territorio dun dos Estados indicados, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia, con independencia de que esta sexa por turismo, actividade profesional ou por estudos.

O CPS non é válido cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico, en cuxo caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), ou o Instituto Social da Mariña (ISM), emita o formulario correspondente, previo informe favorable do Servizo de Saúde. Tampouco é válido se traslada a súa residencia ao territorio doutro Estado membro.

 O CPS ofrece a mesma cobertura que a TSE. Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes importes non son reintegrables.

Para ampliar información, poderá consultar o enderezo de Internet https://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=1021&langId=es.

O CPS é válido durante o período que se indica no documento (emítese por 90 días como máximo dende a súa data de inicio) e a súa utilización, durante o período de validez, se encontra condicionada a que o seu titular continúe reunindo os requisitos que deron lugar á súa obtención. Noutro caso, os gastos que se orixinen poderían ser reclamados en concepto de prestacións indebidas, de acordo co artigo 76 do Regulamento (CE) 883/04.

Nota informativa para imprimir

Próximos pasos

  • A Tarxeta Sanitaria Europea enviarase, nun prazo non superior a 5 días ao domicilio que indicou.

  • O Certificado Provisional Substitutorio obtido consiste nun ficheiro .pdf, do que se poden obter copias imprimidas e no cal figura o código CEA (Código Electrónico de Autenticidade) co que pode comprobar a súa autenticidade acudindo ao Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}