Contenido principal

Obter cita previa para trámites co ISM < Volver

Cerrar

IMPORTANTE

Este servizo de cita previa NON É PARA XESTIÓNS RELACIONADAS CO INGRESO MÍNIMO VITAL, é só para xestións co Instituto Social da Mariña. Se pide cita para o Ingreso Mínimo Vital neste servizo, NON PODERÁ SER ATENDIDO e impedirá que outro cidadán poida realizar a súa xestión no Instituto Social da Mariña. Por favor, sexa responsable.
 
Dada a situación xerada pola COVID-19 e para evitar risco de contaxio, só se permitirá o acceso ás oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) se se dispón de cita previa. Debe acudir con máscara e de forma individual salvo que requira a asistencia doutra persoa e someterse ás medidas hixiénicas e de seguridade que lle indiquen. Non debe acudir con máis de 10 minutos de antelación á hora que teña asignada coa finalidade de evitar aglomeracións na oficina. Se acode con máis tempo e non pode manterse a distancia mínima de seguridade no interior da oficina, deberá esperar a súa quenda no exterior.
 
Evite acudir ás oficinas se pode acceder á información que necesita ou realizar o trámite correspondente vía telemática ou telefónica.
 
Se o desexa tamén pode obter cita previa de forma telefónica a través dos seguintes teléfonos, con horario de atención de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.


Con este servizo pódese obter cita previa para realizar trámites nas oficinas abertas para atención ao público do Instituto Social da Mariña (ISM).

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A todos os cidadáns que desexen obter cita previa para os trámites que xestiona o Instituto Social da Mariña.

Que permite realizar

Obter cita previa para os trámites que xestiona o Instituto Social da Mariña.

Que necesita para realizalo

Completar a información que o formulario electrónico vai solicitando.

Hai que ter en conta

Se o que desexa é obter cita para realizar un recoñecemento médico de embarque marítimo debe facelo a través do servizo específico para a devandita cita.

Lembre que, ademais de nas oficinas, podemos atendelo en:

  • Canle telemática (servizos dispoñibles as 24h os 365 días do ano)
  • Telefonicamente nos teléfonos das direccións provinciais ou locais do Instituto Social da Mariña que figuran no Directorio de oficinas da Seguridade Social.
  • Para encher o formulario de forma correcta, debe ter en conta:
    • Os campos marcados con * son obrigatorios.
    • O formulario para “Obter cita previa” consta de varios pasos nos que se requiren os datos necesarios para concertar a cita.
    • Debe seleccionar o servizo que mellor se adapte o motivo polo que quere acceder ás nosas oficinas.
    • Se na oficina onde desexa ser atendido non consegue cita previa, pode concertar a súa visita a outro centro do Instituto Social da Mariña.

Próximos pasos

Recibirá un aviso cos datos da súa cita.
Unha vez obtida a cita, debe acudir ao centro seleccionado o día e a hora indicados.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}