Contenido principal

Obter cita previa para pensións e outras prestacións (INSS) < Volver

Cerrar

AVISO IMPORTANTE:

A partir do día 25 de xuño de 2020 retómase o servizo de atención presencial nos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social.

A reapertura dos Centros efectúase aplicando criterios de máxima cautela en beneficio da saúde de todos. Por iso, os Centros abrirán de forma graduada. Pode informarse aquí dos Centros abertos neste momento.

Reducimos o número de citas dispoñibles para minorar a coincidencia de persoas nos Centros abertos, polo que é posible que nalgúns momentos e para certas situacións non haxa citas dispoñibles. Lamentamos as molestias.

Para evitar riscos recomendámoslle que se necesita realizar un trámite urxente fágao a través da nosa Sede Electrónica ou a través do portal A túa Seguridade Social.

Se non ten certificado electrónico ou contrasinal cl@ve e quere solicitar o ingreso mínimo vital utilice este servizo. Para calquera outro trámite, utilice o servizo “Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Instituto Nacional da Seguridade Social)” onde pode indicarnos que servizo necesita. Se é necesario, poñerémonos en contacto con vostede para proporcionarlle a información ou o trámite que solicite sen que teña que desprazarse ás nosas oficinas ou, se é imprescindible, facilitarlle unha cita nos nosos Centros.

Tamén pode utilizar o noso teléfono de información 901 16 65 65. Pregámoslle un uso responsable deste teléfono, só para cuestións importantes e urxentes.

ANTES DE SOLICITAR A SÚA CITA, POR FAVOR LEA ESTA MENSAXE


Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A todos os cidadáns que desexen obter cita previa para pensións e outras prestacións.

Que permite realizar

Obter Cita Previa para pensións e outras prestacións.

Se se trata dun representante profesional, por favor, consulte o apartado "Para ter en conta".

Que necesita para realizalo

Completar a información que o formulario electrónico vai solicitando.

Hai que ter en conta

Lembre que, ademais de nas oficinas, podemos atendelo en:

• Canle telemática (servizos dispoñibles as 24h os 365 días do ano):

• Canle telefónica:

    • Teléfono de información xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) 901 16 65 65 de 09:00 a 20:00 horas, de luns a venres non festivos) +info.


Para encher o formulario de forma correcta, debe ter en conta:

  • Os campos marcados con * son obrigatorios.
  • O formulario para "Obter Cita Previa" consta de varios pasos nos que se requiren os datos necesarios para concertar a cita para pensións e outras prestacións.
  • Se precisa axuda para cubrir o formulario, consulte a "Guía para Obter, Consultar ou Eliminar Cita Previa sen certificado dixital" ou a "Guía para Obter, Consultar ou Eliminar Cita Previa con certificado dixital".
  • Antes de solicitar unha cita, consulte os distintos motivos que lle ofrecemos para elixir o que mellor se adapte ás súas necesidades. Procuraremos dedicarlle o tempo necesario na cita obtida para resolver todos os seus asuntos.
  • Para ampliar información dos CAISS poderá consultar o directorio de Oficinas da Seguridade Social. Se no CAISS onde desexa ser atendido non consegue obter cita previa, pode concertar a súa visita noutro centro. En caso de necesidade, pode comparecer en calquera dos CAISS.

Cando a soliciten representantes profesionais (Xestorías, Avogados, Graduados Sociais, etc.) deberán ter en conta:

  • Que deberán acceder con certificado dixital.
  • Que de acordo coa Lei de Procedemento, deberán utilizar preferentemente os servizos electrónicos dispoñibles para a presentación de solicitudes e documentos.

Próximos pasos

Recibirá un correo electrónico cos datos da súa cita.
Unha vez obtida a cita, debe acudir ao centro seleccionado o día e a hora indicados.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}