Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
A través deste servizo pode realizar a comunicación de datos para os efectos do IRPF.
A persoas que teñan recoñecida unha pensión da Seguridade Social.
Comunicar por Rexistro Electrónico datos de convivintes e outra información que poida incidir no IRPF aplicable á prestación correspondente.
Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.
Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Modelo normalizado de representación (PDF, 1452 Kb) | 17/06/2020 |