Contenido principal

Asistencia sanitaria. Solicitude de recoñecemento do dereito (agás para fillos menores de 3 meses) < Volver

Este servizo permite solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para fillos acabados de nacer menores de 3 meses. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que necesiten solicitar o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria de fillos acabados de nacer menores de 3 meses.

Qué permite realizar

  • Descargar un xustificante da solicitude.
  • Descargar a acreditación do dereito.

Qué necesita para realizalo

  • Unha vez identificado en A túa Seguridade Social, no apartado “Asistencia sanitaria”, premer en “Engadir novo beneficiario”.
  • Cubrir a información solicitada.

Hai que ter en conta

O recoñecemento do dereito é automático e inmediato.
Finalizado o proceso, emitirase un xustificante da solicitude realizada e poderá obter a acreditación do dereito do seu beneficiario.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}