Contenido principal

Presentación de informes médicos < Volver

Este servizo permite presentar por rexistro electrónico, en nome propio ou en representación doutra persoa, informes médicos actualizados, dirixidos ás Unidades Médicas do Instituto Nacional de Seguridade Social, en relación coas prestacións do sistema de Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Aos que, en nome propio ou en representación doutra persoa, queiran presentar por rexistro electrónico informes médicos actualizados dirixidos ás Unidades Médicas do Instituto Nacional de Seguridade Social para a valoración da prestación solicitada.

En Cataluña a documentación deberá enviarse ao Servizo Catalán da Saúde (Instituto Catalán de Avaliacións Médicas), que é o órgano competente na Comunidade Autónoma.

Que permite realizar

  • Anexar informes médicos actualizados, dirixidos ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

Que necesita para realizalo

  • Anexar os informes médicos que queira enviar.
  • Salientar no apartado “OBSERVACIÓNS” a prestación para a que achega os informes.
  • Ter un expediente activo da prestación que se indicase en “OBSERVACIÓNS” na provincia do INSS á que dirixa os informes.
  • Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

A provincia de trámite indica a Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social á que vostede quere dirixir a súa documentación.

En Cataluña a documentación deberá enviarse ao Servizo Catalán da Saúde (Instituto Catalán de Avaliacións Médicas), que é o órgano competente na Comunidade Autónoma. 

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres enche a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

O tamaño total da documentación que hai que anexar non deberá superar os 5 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Modelo normalizado de representación (PDF, 1441 Kb) 03/08/2018
Complementary Content
${loading}