Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a baixa ou a comunicación/modificación de datos aos acredores do Sistema da Seguridade Social.
Acredores do Sistema da Seguridade Social que figuren de alta como tal nel, conforme a normativa reguladora.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
nome do documento | Data de publicació |
---|---|
Modelo de solicitude de baixa ou modificación de datos dun acredor (PDF, 114 Kb) | 14/10/2020 |