Contenido principal

Domiciliación en conta < Volver

A través deste servizo poderá solicitar a domiciliación do pagamento das cotas de Seguridade Social na entidade financeira da súa elección ou o cambio da conta bancaria.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A suxeitos responsables do ingreso de cotas:

  • Traballadores de Réximes Especiais:
    • Traballadores Autónomos / Autónomos Agrarios.
    • Autónomos do Mar.
    • Sistema Especial Agrario. Inactividade traballador.
  • Outros suxeitos responsables:
    • Sistema Especial Empregados Fogar.
    • Convenios Especiais.

Que permite realizar

  • Solicitar  a domiciliación en conta bancaria do pagamento de cotas.
  • Cambiar a conta bancaria.
  • Obter un xustificante da solicitude realizada.

Hai que ter en conta

Se a alta na domiciliación do pagamento das cotas ou o cambio da conta bancaria que se comunicase con anterioridade para a devandita domiciliación se solicita antes do día 14 do mes, ou do día 10 se se trata do Sistema Especial para Empregados de Fogar, terá efectos no mesmo mes da solicitude. Calquera variación solicitada a partir dos días indicados terá efectos a partir do mes seguinte.

A entidade financeira seleccionada deberá estar autorizada como colaboradora nesta modalidade de pagamento pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Manual usuario Solicitud Domiciliación en Cuenta (PDF, 1656 Kb) 04/06/2020
Complementary Content
${loading}