Valore esta páxina
Valore este contido

Contenido principal

Xubilación nacional < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a pensión de xubilación nacional. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que queiran solicitar a pensión de xubilación nacional.

Que permite realizar

  • Presentar unha solicitude por Rexistro Electrónico da pensión de xubilación nacional.
  • Anexar documentación.

Que necesita para realizalo

  • Unha vez identificado en A túa Seguridade Social, no apartado “Traballo”, premer en “Pedir a túa xubilación”. 
  • Incorporar a información que corresponda no seu caso.
  • Anexar os documentos que se indiquen.

Hai que ter en conta

Finalizado o proceso de cubrir, a aplicación indicaralle os documentos que debe presentar e  terá a posibilidade de achegalos electronicamente.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá  realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Pode consultar a situación na que se encontra o trámite da prestación solicitada a través do servizo “As túas Xestións” do portal persoal “A túa Seguridade Social”, ao que poderá acceder dende o mesmo portal ou dende esta Sede electrónica.

 



Información complementaria Pasarela Dixital Única Europea
Acceso á plataforma de valoración

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Complementary Content
${loading}