Contenido principal

eSTADISS: Estatísticas de pensións < Volver

Con este servizo pódense consultar datos estatísticos sobre a nómina de pensións contributivas e de prestacións familiares de pagamento periódico do Sistema da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A todos os cidadáns.

Qué permite realizar

Consulta de datos estatísticos segundo os parámetros seleccionados polo cidadán.
Exportación dos datos consultados en arquivos Excel ou de texto.

Qué necesita para realizalo

Unicamente seleccionar os parámetros con que se quere realizar a consulta da información estatística.

Hai que ter en conta

Para a elaboración de informes personalizados, o usuario deberá seleccionar os datos que desexa, en tres pasos consecutivos:

  1. Elección da área estatística de entre as áreas existentes. A área elixida determinará as variables dispoñibles así como os cruzamentos de información e aplicación de filtros dispoñibles.
  2. Elección das variables de cuantificación e clasificación. Neste segundo paso, o usuario determinará:

    • As variables de cuantificación: seleccionarase que información se quere consultar de entre as variables que se ofrecen. Para estes efectos, poderanse seleccionar unha ou varias das variables dispoñibles. O programa deshabilitará aquelas coas que non sexa posible o cruzamento de información.
    • Filas e columnas (variables de clasificación): o usuario elixirá as variables polas que se distribuirá a información solicitada. Os valores das variables seleccionadas aparecerán na cabeceira das filas e columnas.
  3. Establecemento de filtros a aplicar a información. Neste terceiro e último paso, o usuario poderá establecer que a información solicitada conforme os parámetros anteriores quede referida a un colectivo determinado.
    Finalizados estes tres pasos e tras responder á pregunta que se lle formulará (captcha establecido para eliminar consultas masivas), mostrarase en pantalla a información baixo os parámetros solicitados polo usuario, que así mesmo poderá exportala ao seu ordenador persoal mediante arquivos Excel ou CSV.

Próximos pasos

A través da Caixa de Correo de Consultas pode solicitar calquera aclaración ou observación que considere necesaria.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

  • Certificado
    dixital
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Complementary Content
${loading}