Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa a navegar considérase que acepta o seu uso. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Va a abandonar el portal. Si se ha identificado con certificado le recomendamos que cierre su navegador
Este servizo permite solicitar, por Rexistro electrónico, a prestación por Nacemento e Coidado de Menor, para gozar do período de descanso laboral correspondente por nacemento, adopción, garda con fins de adopción e acollemento permanente ou temporal superior a un ano.
A traballadores do Réxime Especial dos Traballadores do Mar que gocen os períodos de descanso por nacemento de fillo, adopción e acollemento, legalmente establecidos, que queiran solicitar as prestacións por Nacemento e Coidado de Menor.
Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.
Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.
O tamaño total da documentación a anexar non deberá superar os 10 Mb.
É importante sinalar que a sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e rematar as actuacións que teña pendentes.
Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" en formato PDF.
Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.
O Instituto Social da Mariña enviará ao interesado a resolución da solicitude
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad