Contenido principal

Modificación de datos bancarios e domicilio do pensionista < Volver

A través deste servizo pode realizar a solicitude da modificación de datos bancarios para o cobramento da pensión ou do domicilio do titular.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que teñan recoñecida unha prestación da Seguridade Social.

Qué permite realizar

Solicitar por Rexistro Electrónico a modificación de datos bancarios para o cobramento da pensión ou do domicilio do titular.

Qué necesita para realizalo

Incorporar no formulario de acceso ao servizo a maior cantidade posible de información de que se dispoña das situacións que hai que modificar.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no rexistro electrónico.

Cubrir os datos que se soliciten no formulario conforme as indicacións que aparecen neste.

Non é necesario achegar ningún documento adicional para a súa tramitación.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha "notificación de recibo" (zip) integrada polo resgardo da solicitude en formato PDF e a sinatura do servidor que garante que a transacción se produciu correctamente.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, se é o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do Instituto Nacional da Seguridade Social enviarase ao domicilio do interesado a resolución da solicitude.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}