Contenido principal

Impugnacións ante a TGSS. Seguimento < Volver

A través deste servizo poderá consultar os trámites dun expediente de impugnación, así como a documentación relativa a este, agás o documento de resolución.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

Persoas físicas que presentasen, no seu propio nome ou no doutra persoa física ou xurídica, unha impugnación contra un acto da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Qué permite realizar

Consulta a seguinte información sobre o expediente de impugnación:

  • Os datos identificativos do acto que se recorre, así como do escrito de recurso.
  • Os datos identificativos do recorrente.
  • As datas dos trámites realizados.
  • Os documentos emitidos, agás o documento de resolución.
  • Se é o caso, datos relativos a Tribunais.

Qué necesita para realizalo

Para poder realizar o seguimento do recurso, debe dispoñer do número de referencia do expediente.
O devandito número, subministrado pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, irá consignado nun documento que se remitirá por correo ordinario unha vez formulado o recurso e aberto o expediente pola Unidade de Trámite.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

Complementary Content
${loading}