Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Cambio dun beneficiario de asistencia sanitaria dun titular a outro < Volver

Este servizo permite solicitar, por Rexistro Electrónico, o cambio dun beneficiario de asistencia sanitaria dun titular a outro.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A persoas que necesitan solicitar, en nome propio, como representante ou apoderado, o cambio dun beneficiario de asistencia sanitaria dun titular a outro.

 

Que permite realizar

  • Realizar unha solicitude por Rexistro Electrónico para o cambio dun beneficiario de asistencia sanitaria dun titular a outro.
  • Descargar e achegar o modelo de solicitude.
  • Anexar documentación

Que necesita para realizalo

  • Dispoñer dun software que permita cubrir e gardar a solicitude para posteriormente poder anexala.
  • Cubrir e anexar o modelo de solicitude.
  • Anexar copia dos documentos que se detallan nas súas instrucións.

Hai que ter en conta

Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación no Rexistro Electrónico.

Se actúa como representante, deberá achegar o modelo normalizado de representación, que figura co modelo de solicitude no apartado documentación adxunta, ou calquera documento válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación.

No caso de apoderados, deberán estar inscritos no Rexistro Electrónico de Apoderamentos.

A sesión de conexión está limitada temporalmente, polo que se esta caduca mentres cubre a solicitude, deberá volver iniciala e terminar as actuacións que teña pendentes.

O tamaño total da documentación que se vai anexar non deberá superar os 10 Mb.

Próximos pasos

Unha vez realizado o trámite recibirá unha “notificación de recibo” en formato PDF.

Se non recibe a mensaxe de confirmación ou, conforme o caso, recibe unha mensaxe de erro ou deficiencia da transmisión, deberá realizarse a presentación noutro momento ou utilizar outros medios.

Por parte do INSS enviarase ao correo electrónico do interesado a acreditación do dereito.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física o entidad

Obtener Acceso
Complementary Content
${loading}