Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir e/ou consultar en liña un xustificante que mostra o número de xornadas reais traballadas dentro do extinguido Réxime Especial Agrario, ou da súa actividade como traballador do Sistema Especial Agrario do Réxime Xeral da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite consultar e obter o documento que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública. Os accesos con identificación (“Certificado dixital” ou “cl@ve-usuario/contrasinal”) dirixiranlle ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite a obtención do Certificado Provisional Substitutivo da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) para o titular do dereito a asistencia sanitaria e os seus beneficiarios. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo, as persoas físicas que teñen asignado número de afiliación á Seguridade Social (NAF), poderán obter e/ou consultar en liña un certificado no que se recolle a información relativa á existencia ou non de débedas contraídas coa Seguridade Social, calquera que sexa o Réxime ao que estean adscritas.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite obter un certificado co importe das prestacións percibidas da Seguridade Social, aboadas polo INSS e o ISM, e as retencións practicadas para os efectos do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), no exercicio anterior. Calquera das formas de acceso dispoñibles o dirixirá ao Portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite obter un certificado de revalorización da pensión do exercicio actual. Calquera das formas de acceso dispoñibles o dirixirá ao Portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir e/ou consultar on-line os documentos relacionados coa comunicación anual aos traballadores de datos laborais: carta de comunicación, informe integrado e glosario de termos.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter, imprimir e/ou consultar en liña un duplicado provisional do documento de afiliación á Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter, imprimir e/ou consultar en liña un duplicado dos documentos de resolución das súas altas e baixas no Réxime Especial de traballadores por conta propia ou autónomos.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite consultar en liña e/ou imprimir un informe sobre a situación do solicitante nos distintos réximes do Sistema da Seguridade Social á data da petición.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter, imprimir e/ou consultar en liña un informe co fin de acreditar a actividade agraria como traballador por conta propia a unha data determinada ou un período concreto.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir e/ou consultar en liña un documento con información relativa á alta laboral nunha data concreta.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter e/ou consultar on-line un informe cos datos relativos ás bases de cotización correspondentes aos diferentes períodos de liquidación nos que figurou en alta nos diferentes réximes que considera a Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir e/ou consultar en liña un informe no que se recollen as bases de cotización e as cotas de Seguridade Social ingresadas dende 1999 nos Réximes e/ou Sistemas Especiais. Se accede sen certificado dixital o informe seralle remitido por correo postal.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este Servizo permite obter un Informe Datos Cotización, Idc/cp-100, no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA).
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar un IDC/CP-100 (Informe Datos Cotización de traballador por Conta Propia) dun período de liquidación, no Réxime Especial dos Traballadores do Mar (RETM).
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir e/ou consultar en liña un informe cos datos identificativos e de domicilio que constan na base de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode consultar en liña, obter e/ou imprimir un informe sobre a existencia ou inexistencia de débedas coa Seguridade Social. Se accede sen certificado dixital o informe seralle remitido por correo postal.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter, imprimir e/ou consultar en liña un informe da situación que consta na Seguridade Social sobre cada un dos seus Códigos de Conta de Cotización (CCC).
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter e/ou consultar en liña un informe no que se recollen todas as situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter e/ou consultar en liña un informe no que se recollen todas as situacións de alta ou baixa dunha persoa acoutado por un rango de datas, por Réxime ou por Código de Conta de Cotización.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir ou consultar en liña un informe negativo de afiliación dentro do sistema da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo pode obter, imprimir ou consultar en liña un informe da non inscrición como empresario dentro do sistema da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite simular a idade coa que se pode xubilar e a contía aproximada. Permite simular situacións futuras tendo en conta os datos e cotizacións realizadas ata o día de hoxe. Calquera dos accesos dispoñibles o dirixirá ao portal A túa Seguridade Social para a súa autenticación.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, en representación doutra persoa e por rexistro electrónico, a emisión do Certificado Provisional Substitutivo (CPS) da Tarxeta Sanitaria Europea (TSE), tanto para o titular do dereito a asistencia sanitaria coma para os beneficiarios.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite solicitar, por rexistro electrónico e en nome doutra persoa, un certificado relacionado coas prestacións percibidas da Seguridade Social ou, se é o caso, de non percibir pensión ningunha da Seguridade Social.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite obter determinados certificados ou informes relacionados coas prestacións percibidas ou, se é o caso, de non percibir prestacións incluídas no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite obter, nun único documento, informes sobre as pensións percibidas (resumo, importe desagregado, sen importes, IRPF, e revalorización) ou, se é o caso, o de pensións en baixa ou suspendidas, o informe negativo de pensionista ou para o beneficiario de deducións.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite efectuar unha simulación de xubilación doutra persoa, logo de autorización desta.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
Este servizo permite, tanto ao empregador coma ao traballador, obter un duplicado da resolución de alta/baixa no Sistema Especial para Empregados de Fogar.
Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.
A través deste servizo poderá obter, imprimir e/ou consultar en liña un duplicado dos documentos de resolución das súas altas e baixas no Réxime Especial do Mar por conta propia.