Contenido principal

Cita previa para prestacións e outras xestións

Con este servizo, pódese obter e xestionar unha cita previa para realizar trámites nas oficinas abertas para atención ao público do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou do Instituto Social da Mariña (ISM). Recorde que tamén pode realizar as súas xestións electronicamente, sen desprazarse e en calquera momento, nesta Sede Electrónica. Así mesmo dispón do teléfono de información 901 16 65 65 (INSS) ou pode enviarnos por escrito as súas consultas.

  • Obter cita previa para pensións e outras prestacións (INSS)
    Cerrar

    AVISO IMPORTANTE:

    A partir do día 25 de xuño de 2020 retómase o servizo de atención presencial nos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social.

    A reapertura dos Centros efectúase aplicando criterios de máxima cautela en beneficio da saúde de todos. Por iso, os Centros abrirán de forma graduada. Pode informarse aquí dos Centros abertos neste momento.

    Reducimos o número de citas dispoñibles para minorar a coincidencia de persoas nos Centros abertos, polo que é posible que nalgúns momentos e para certas situacións non haxa citas dispoñibles. Lamentamos as molestias.

    Para evitar riscos recomendámoslle que se necesita realizar un trámite urxente fágao a través da nosa Sede Electrónica ou a través do portal A túa Seguridade Social.

    Se non ten certificado electrónico ou contrasinal cl@ve e quere solicitar o ingreso mínimo vital utilice este servizo. Para calquera outro trámite, utilice o servizo “Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Instituto Nacional da Seguridade Social)” onde pode indicarnos que servizo necesita. Se é necesario, poñerémonos en contacto con vostede para proporcionarlle a información ou o trámite que solicite sen que teña que desprazarse ás nosas oficinas ou, se é imprescindible, facilitarlle unha cita nos nosos Centros.

    Tamén pode utilizar o noso teléfono de información 901 16 65 65. Pregámoslle un uso responsable deste teléfono, só para cuestións importantes e urxentes.

    ANTES DE SOLICITAR A SÚA CITA, POR FAVOR LEA ESTA MENSAXE


    Pour accéder à ce service, veuillez vérifier les conditions techniques requises.

    Accès direct aux démarches

    Plus d'informations

  • Obter cita previa para trámites co ISM
    Cerrar

    IMPORTANTE

    Este servizo de cita previa NON É PARA XESTIÓNS RELACIONADAS CO INGRESO MÍNIMO VITAL, é só para xestións co Instituto Social da Mariña. Se pide cita para o Ingreso Mínimo Vital neste servizo, NON PODERÁ SER ATENDIDO e impedirá que outro cidadán poida realizar a súa xestión no Instituto Social da Mariña. Por favor, sexa responsable.
     
    Dada a situación xerada pola COVID-19 e para evitar risco de contaxio, só se permitirá o acceso ás oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) se se dispón de cita previa. Debe acudir con máscara e de forma individual salvo que requira a asistencia doutra persoa e someterse ás medidas hixiénicas e de seguridade que lle indiquen. Non debe acudir con máis de 10 minutos de antelación á hora que teña asignada coa finalidade de evitar aglomeracións na oficina. Se acode con máis tempo e non pode manterse a distancia mínima de seguridade no interior da oficina, deberá esperar a súa quenda no exterior.
     
    Evite acudir ás oficinas se pode acceder á información que necesita ou realizar o trámite correspondente vía telemática ou telefónica.
     
    Se o desexa tamén pode obter cita previa de forma telefónica a través dos seguintes teléfonos, con horario de atención de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.


    Pour accéder à ce service, veuillez vérifier les conditions techniques requises.

    Accès direct aux démarches

    Con este servizo pódese obter cita previa para realizar trámites nas oficinas abertas para atención ao público do Instituto Social da Mariña (ISM).

    Plus d'informations

  • Consultar/eliminar citas previas

    Pour accéder à ce service, veuillez vérifier les conditions techniques requises.

    Accès direct aux démarches

    Plus d'informations



Complementary Content
${loading}