Contenido principal

Obter cita previa para pensións e outras prestacións (INSS) < Volver

Cerrar

SOLICITUDE DE PRESTACIÓNS SEN DESPRAZAMENTOS

Pode presentar a súa solicitude de prestacións sen necesidade de desprazarse.

Recomendámoslle que realice o seu trámite, sempre que dispoña de DNI-electrónico, certificado electrónico ou contrasinal cl@ve, a través do portal A túa Seguridade Social ou a través da nosa Sede Electrónica.

En caso de non dispoñer de certificado electrónico ou de usuario cl@ve, pode solicitalo presencialmente obtendo cita previa a través da Sede Electrónica da Seguridade Social, premendo en Cidadáns, Cita previa para pensións e outras e outras xestións e Acceso ao servizo sen certificado.

Ademais, se non dispón de certificado ou usuario cl@ve  pode utilizar o servizo “Presentación doutros escritos, solicitudes e comunicacións (Instituto Nacional da Seguridade Social)” para remitirnos a súa solicitude. Para iso, envíenos completado o modelo oficial da solicitude que desexe realizar, que pode descargar no apartado Formularios e modelos de nosa WEB.

Tamén poñemos á súa disposición dentro das opcións de cita, o servizo de atención  telefónica mediante cita,  onde nos poñeremos en contacto con vostede no día e hora fixada para proporcionarlle a información ou o trámite que solicite sen que teña que desprazarse ás nosas oficinas ou, se é imprescindible, facilitarlle unha cita nos nosos Centros. Para iso, solicite unha cita previa tal e como se explicou anteriormente e seleccione a opción de atención telefónica.

 Pode atopar información xeral e sobre os nosos servizos no asistente ISSA na páxina inicial de nosa WEB e no apartado de consultas desta.

Tamén pode utilizar o noso teléfono de información 901 16 65 65 e 915 42 11 76. Pregámoslle un uso responsable destes teléfonos, só para cuestións importantes e urxentes.

AVISO IMPORTANTE:

A atención nos Centros efectúase aplicando criterios de máxima cautela en beneficio da saúde de todos. Pode informarse aquí dos Centros abertos.

Debido á situación de pandemia COVID-19 e para minorar a coincidencia de persoas nos centros abertos, reducimos o número de citas polo que é posible que nalgúns momentos e para certas localizacións non existan citas dispoñibles. Lamentamos as molestias.

 

ANTES DE SOLICITAR A SÚA CITA, POR FAVOR LEA ESTA MENSAXE


Con este servizo pódese obter e xestionar unha cita previa para trámites relacionados con prestacións nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) do Instituto Nacional da Seguridade Social. Recorde que tamén pode realizar as súas xestións electronicamente, sen desprazarse e en calquera momento, nesta Sede Electrónica. Así mesmo dispón dos teléfonos de información 901 16 65 65 e 915 42 11 76 ou pode enviarnos por escrito as súas consultas.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

A todos os cidadáns que desexen obter cita previa para pensións e outras prestacións.

Que permite realizar

Obter Cita Previa para pensións e outras prestacións.

Se se trata dun representante profesional, por favor, consulte o apartado "Para ter en conta".

Que necesita para realizalo

Completar a información que o formulario electrónico vai solicitando.

Hai que ter en conta

Lembre que, ademais de nas oficinas, podemos atendelo en:

• Canle telemática (servizos dispoñibles as 24h os 365 días do ano):

• Canle telefónica:

    • Teléfonos de información xeral do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) 901 16 65 65 e  915 42 11 76 de 9 a 20 horas, de luns a venres non festivos) +info.

Para encher o formulario de forma correcta, debe ter en conta:

  • Os campos marcados con * son obrigatorios.
  • O formulario para "Obter Cita Previa" consta de varios pasos nos que se requiren os datos necesarios para concertar a cita para pensións e outras prestacións.
  • Se precisa axuda para cubrir o formulario, consulte a "Guía para Obter, Consultar ou Eliminar Cita Previa sen certificado dixital" ou a "Guía para Obter, Consultar ou Eliminar Cita Previa con certificado dixital".
  • Antes de solicitar unha cita, consulte os distintos motivos que lle ofrecemos para elixir o que mellor se adapte ás súas necesidades. Procuraremos dedicarlle o tempo necesario na cita obtida para resolver todos os seus asuntos.
  • Para ampliar información dos CAISS poderá consultar o directorio de Oficinas da Seguridade Social. Se no CAISS onde desexa ser atendido non consegue obter cita previa, pode concertar a súa visita noutro centro. En caso de necesidade, pode comparecer en calquera dos CAISS.

Cando a soliciten representantes profesionais (Xestorías, Avogados, Graduados Sociais, etc.) deberán ter en conta:

  • Que deberán acceder con certificado dixital.
  • Que de acordo coa Lei de Procedemento, deberán utilizar preferentemente os servizos electrónicos dispoñibles para a presentación de solicitudes e documentos.

Próximos pasos

Recibirá un correo electrónico cos datos da súa cita.
Unha vez obtida a cita, debe acudir ao centro seleccionado o día e a hora indicados.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso directo a trámites

Complementary Content
${loading}