Contenido principal

Servizos de cesión de datos para as Administracións Públicas por ficheiro < Volver

Este servizo permite a cesión por parte da TGSS ou do INSS, a outras Administracións e Organismos Públicos, de determinada información necesaria para o exercicio das súas funcións, con suxeición ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE 14/12) e á Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, efectuando a solicitude mediante un ficheiro de texto obtendo unha resposta nun ficheiro do mesmo tipo.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Entidades e Organismos dotados con personalidade xurídica, agás no caso da Administración Central das CCAA, que poderá outorgarse ás Consellerías ou Órganos de similar rango, e a Administración Xeral do Estado, que poderá outorgarse a órganos de rango non inferior a Dirección Xeral.
  • No caso do INSS, as autorizacións de alta concédense á Administración Xeral do Estado, Consellerías das Comunidades Autónomas e Entidades Locais, non podendo solicitar a alta os organismos autónomos públicos dependentes destes organismos.
    Aínda que si se permite que os usuarios propostos pertenzan a un organismo autónomo dependente do organismo solicitante, sempre que sexan traballadores públicos.

Qué permite realizar

En función do tipo de información que desexe obter deberá solicitarse algún ou algúns dos seguintes servizos de cesión de datos.

  • TGSS:
    • R001 - Informe de Estar ao Corrente nas Obrigas de Seguridade Social. Servizo de información á entidade solicitante, acerca de se terceiros suxeitos teñen ou non débedas coa Seguridade Social.
    • A002 - Informe de vida laboral de empresas.  Este servizo ofrece información da relación de traballadores adscritos a un Código de Conta de Cotización (CCC) nun período determinado. É necesario dispoñer dun soporte lóxico IFI.
    • A003 - Acreditación actividade agraria conta propia.  Este servizo permite a emisión dun informe que acredita a actividade agraria como traballador por conta propia a unha data determinada ou un período concreto.
    • A004 - Informe situación actual do traballador. Este servizo permite a emisión dun informe coa situación do solicitante no Ficheiro Xeral de Afiliación, á data de petición.
    • A006 - Informe de vida laboral últimos 12 meses. Este servizo facilita un informe cos datos laborais do traballador referido aos 12 meses anteriores á solicitude deste.
    • A007 - Informe alta laboral a data concreta. Este servizo permite a consulta ou obtención dun informe no que unicamente se indicará SI ou NON respecto de se o identificador consultado esta de alta laboral a unha data concreta. No seu caso mostrarase algunha das seguintes mensaxes:
      • Identificador inexistente en base de datos.
      • Identificador duplicado en base de datos.
      • Identificador incorrecto / formato erróneo.
    • A008 - Informe número medio anual de traballadores en situación de alta. Este servizo permite a consulta ou obtención dun informe sobre o número medio de traballadores que permaneceron en alta nalgún momento durante os últimos tres anos nunha empresa.
    • A009 - Informe debedores tributarios. Este servizo permite a obtención dun informe, unicamente para os efectos de recadación por débedas tributarias, con datos de traballadores en situación de alta en empresas ou por conta propia.
  • INSS:
    • P001 - Informe de pensionistas para os efectos fiscais. Servizo de información á entidade solicitante acerca de se terceiros suxeitos son ou non pensionistas do sistema de Seguridade Social para os efectos do cumprimento de obrigas fiscais no ámbito das súas competencias.
    • P002 - Informe de pensionistas con importes actuais e consentimento do interesado. Servizo de información a entidade solicitante, da xestión das súas competencias, do tipo e importe actual das pensións do sistema de Seguridade Social e das prestacións xestionadas por entidades alleas que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
    • P003 - Informe de pensionistas con importes actuais e de exercicios anteriores e consentimento do interesado. Servizo de información á entidade solicitante, da xestión das súas competencias, do tipo e importe actual e de exercicios anteriores das pensións do sistema de Seguridade Social, así como do tipo e importe actual das prestacións xestionadas por entidades alleas que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

Qué necesita para realizalo

As Administracións e Organismos Públicos deberán obter autorización de acceso aos servizos de cesión de datos, así como os seus funcionarios ou empregados contar cos respectivos permisos de acceso de cada servizo.

Hai que ter en conta

Para solicitar algún dos servizos de cesión de datos, é necesario indicar o obxecto e finalidade da información que pretende obter se non é común a todos eles (outorgamento de axudas e subvencións, licitación ou contratación administrativa, recadación tributaria, etc.), sen prexuízo de que precise en cada un dos ficheiros de petición da información.

Se posteriormente o obxecto e finalidade varía, deberá comunicarse á Entidade (TGSS / INSS) responsable do servizo que se presta.

Os ficheiros asinados con certificados xerados pola Seguridade Social (formatos PDF, XAdES, CAdES e PKCS#7) pódense validar mediante o Servizo de verificación de sinaturas e certificados.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

  • Certificado
    dixital
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Documentación adxunta
Documentación adxunta
nome do documento Data de publicació
Instrucións obtención autorización e permisos de acceso e enchido dos respectivos formularios (PDF, 355 Kb) 23/08/2018
Solicitude de autorización de Organismo, alta/baixa de usuarios e variación de datos. TXSS (PDF, 547 Kb) 06/11/2018
Solicitude de autorización de Organismo, alta/baixa de usuarios e variación de datos. INSS (PDF, 863 Kb) 26/04/2019
Compromiso de obrigada aceptación (PDF, 263 Kb) 06/11/2018
Manual de usuario IFI Web. Transmisión / recepción de ficheiros (3.PDF, 3416 Kb) 27/09/2018
Servizo de intercambio de ficheiros institucionais. ClienteIFI4_10 Java7. A002 (exe) (EXE, 8776 Kb) 26/09/2017
Manual de configuración IFIWeb (PDF, 1547 Kb) 24/01/2018
Manual de usuario IFI A002 (PDF, 840 Kb) 14/09/2016
A002. Manual de instalación IFI ( MANUAL DE INSTALACIÓN IFI.PDF, 2130 Kb) 23/04/2019
Manual de actualización do Cliente IFI ( MANUAL DE ACTUALIZACIÓN DEL CLIENTE IFI.PDF, 2609 Kb) 23/04/2019
Formato dos ficheiros de petición / resposta. R001 (PDF, 705 Kb) 29/11/2018
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A002 (PDF, 151 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A003 (PDF, 150 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A004 (PDF, 155 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A006 (PDF, 285 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A007 (PDF, 149 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A008 (PDF, 137 Kb) 29/12/2015
Formato dos ficheiros de petición / resposta. A009 (PDF, 409 Kb) 19/12/2017
Formato dos ficheiros de petición / resposta. P001 (PDF, 1147 Kb) 23/07/2019
Formato dos ficheiros de petición / resposta. P002 (PDF, 1205 Kb) 23/07/2019
Formato dos ficheiros de petición / resposta. P003 (PDF, 1217 Kb) 23/07/2019
Complementary Content
${loading}