Contenido principal

Servizos de cesión de datos para as Administracións Públicas On Line (R002) < Volver

Este servizo permite a cesión por parte da TGSS a outras Administracións e Organismos Públicos de determinada información necesaria para o exercicio das súas funcións, con suxeición ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE 14/12) e á Lei 40/2015 do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, efectuando a solicitude mediante un formulario que hai que cubrir en pantalla do que se obtén resposta cun documento nun ficheiro tipo "pdf".

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Entidades e Organismos dotados con personalidade xurídica, agás no caso da Administración Central das CCAA, que poderá outorgarse ás Consellerías ou Órganos de similar rango, e a Administración Xeral do Estado, que poderá outorgarse a órganos de rango non inferior a Dirección Xeral.

Qué permite realizar

En función do tipo de información que desexe obter deberá solicitarse algún ou algúns dos seguintes servizos de cesión de datos.
Pola TGSS:

  • R002 - Informe de Estar ao Corrente nas Obrigas de Seguridade Social: Servizo de información á entidade solicitante acerca de se terceiros suxeitos teñen ou non débedas coa Seguridade Social.

Qué necesita para realizalo

As Administracións e Organismos Públicos deberán obter autorización de acceso aos servizos de cesión de datos, así como os seus funcionarios ou empregados contar cos respectivos permisos de acceso para efectuar peticións en nome da súa Administración ou Organismo.

Hai que ter en conta

Para solicitar os servizos de cesión de datos é necesario indicar o obxecto e finalidade da información que se pretende obter (outorgamento de axudas e subvencións, licitación ou contratación administrativa, recadación tributaria, etc.), debendo especificarse o correspondente a cada un se non é común a todos os servizos solicitados, sen prexuízo de que precise en cada un dos ficheiros de petición da información.

Se posteriormente o obxecto e finalidade varía, deberá comunicarse á Entidade responsable do servizo que se presta.

Ao pé do certificado obtido figura o Código Electrónico de Autenticidade (CEA) co que pode comprobar a autenticidade do documento a través do Servizo de Verificación de Integridade Documental.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

Acceso ao servizo

  • Certificado
    dixital
  • Usuario +
    Contrasinal
    Usuario +
    Contrasinal (Cl@ve
    permanente)
  • Cl@ve
  • Sen
    certificado
  • Vía SMS
Complementary Content
${loading}