Valore esta página
Valore este contenido

Contenido principal

Envío de Ficheiros < Volver

Este servizo permite que outras Administracións e Organismos Públicos soliciten información á TGSS ou ao INSS, mediante o envío de ficheiros por parte das citadas Administracións e Organismos Públicos aos servizos centrais da Seguridade Social.

Acerca deste trámite

A quen vai dirixido

  • Entidades e Organismos dotados con personalidade xurídica, agás no caso da Administración Central das CCAA, que poderá outorgarse ás Consellerías ou Órganos de similar rango, e a Administración Xeral do Estado, que poderá outorgarse a órganos de rango non inferior a Dirección Xeral.
  • No caso do INSS, as autorizacións de alta concédense á Administración Xeral do Estado, Consellerías das Comunidades Autónomas e Entidades Locais, non podendo solicitar a alta os organismos autónomos públicos dependentes destes organismos.
    Aínda que si se permite que os usuarios propostos pertenzan a un organismo autónomo dependente do organismo solicitante, sempre que sexan traballadores públicos.

Que permite realizar

En función do tipo de información que desexe obter deberá solicitarse algún ou algúns dos seguintes servizos de cesión de datos.

  • TGSS:
    • R001 - Informe de Estar ao Corrente nas Obrigas de Seguridade Social. Servizo de información á entidade solicitante, acerca de se terceiros suxeitos teñen ou non débedas coa Seguridade Social.
    • A102 - Informe de vida laboral de empresas. Este servizo ofrece información da relación de traballadores adscritos a unha empresa nun período determinado.
    • A007 - Informe alta laboral a data concreta. Este servizo permite a consulta ou obtención dun informe no que unicamente se indicará SI ou NON respecto de se o identificador consultado esta de alta laboral a unha data concreta.
    • A008 - Informe número medio anual de traballadores en situación de alta. Este servizo permite a consultar ou obter un informe sobre o número medio de traballadores que permaneceron en alta nalgún momento  nunha empresa durante o período acoutado polo organismo solicitante de información na súa petición.
    • A009 - Informe debedores tributarios. Este servizo permite a obtención dun informe, unicamente para os efectos de recadación por débedas tributarias, con datos de traballadores en situación de alta en empresas ou por conta propia.
    • A101 - Informe CCC de empresa a unha data. Este servizo facilita os CCC en alta dunha empresa a unha determinada data, cos datos máis relevantes sobre cada un deles, en especial o número de traballadores en alta no CCC, detallándose cantos son discapacitados, cantos teñen contrato indefinido a tempo completo, indefinido a tempo parcial, temporal a tempo completo, temporal a tempo parcial e fixo descontinuo.
    • A103 – Situación / Vida Laboral Traballadores Conta Propia. Este servizo permite obter un informe sobre a situación dun traballador por conta propia a unha data anterior ou á data de procesamento do ficheiro, ou a súa vida laboral nun período máximo dun ano dentro dos 7 últimos anos.
    • A104 – Número de Seguridade Social ou NAF dun IPF. Con este servizo comunícase o Número de Seguridade Social ou Afiliación que figura nas bases de datos de Seguridade Social para un DNI, Pasaporte ou NIE.
    • A106 – Situación / Vida Laboral Traballadores Conta Allea. Este servizo permite obter un informe sobre a situación dun traballador por conta allea a unha data anterior ou á data de procesamento do ficheiro, ou a súa vida laboral nun período máximo dun ano dentro dos 7 últimos anos.
    • C001 - Bases de cotización Accidentes de traballo e Enfermidades Profesionais nun período de 12 meses. Permite obter información sobre as bases de cotización por Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais dos traballadores por conta allea durante un período de ata 12 meses acoutado polo usuario na súa solicitude de información dentro dos últimos cinco  anos (o mes do período non pode ser anterior en 5 anos á data de procesamento do ficheiro).
  • INSS:
    • P001 - Informe de pensionistas para os efectos fiscais. Servizo de información á entidade solicitante acerca de se terceiros suxeitos son ou non pensionistas do sistema de Seguridade Social para os efectos do cumprimento de obrigas fiscais no ámbito das súas competencias.
    • P002 - Informe de pensionistas con importes actuais e consentimento do interesado. Servizo de información a entidade solicitante, da xestión das súas competencias, do tipo e importe actual das pensións do sistema de Seguridade Social e das prestacións xestionadas por entidades alleas que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
    • P003 - Informe de pensionistas con importes actuais e de exercicios anteriores e consentimento do interesado. Servizo de información á entidade solicitante, da xestión das súas competencias, do tipo e importe actual e de exercicios anteriores das pensións do sistema de Seguridade Social, así como do tipo e importe actual das prestacións xestionadas por entidades alleas que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.

Que necesita para realizalo

As Administracións e Organismos Públicos deberán obter autorización de acceso aos servizos de cesión de datos, así como os seus funcionarios ou empregados contar cos respectivos permisos de acceso de cada servizo.

Hai que ter en conta

  • Para solicitar algún dos servizos de cesión de datos, é necesario indicar o obxecto e finalidade da información que pretende obter se non é común a todos eles (outorgamento de axudas e subvencións, licitación ou contratación administrativa, recadación tributaria, etc.), sen prexuízo de que precise en cada un dos ficheiros de petición da información.
  • Se posteriormente o obxecto e finalidade varía, deberá comunicarse á Entidade (TGSS / INSS) responsable do servizo que se presta.
  • Os ficheiros asinados con certificados xerados pola Seguridade Social (formatos PDF, XAdES, CAdES e PKCS#7) pódense validar mediante o Servizo de verificación de sinaturas e certificados.
  • Se accede con Usuario + Contrasinal (Cl@ve permanente), para garantir un maior nivel de seguridade, enviaráselle un código vía SMS ao número de móbil que declarase durante o acto do rexistro, código que deberá introducir para poder asinar a comunicación.

Para acceder a este servizo comprobe os requisitos técnicos necesarios.

El acceso a este servicio estará habilitado únicamente cuando se identifique como persona física

Complementary Content
${loading}